28.10.2020 | 19.00h
Este evento forma parte do ciclo de concertos conmemorativo do bicentenario do nacemento de Concepción Arenal

O concerto de violín e piano a cargo de Florian Vlashi e Maniola Camuset-Trebicka conmemora o bicentenario do nacemento de Concepción Arenal.
A entrada é de balde mais, seguindo os protocolos COVID-19, as persoas interesadas en asistir ao concerto deberán reservar praza enviando un correo a area.cultura [at] usc.es (area[dot]cultura[at]usc[dot]es), indicando o seu nome, apelidos e teléfono, con data límite o mércores 28 de outubro ás 12.00 horas, e dende unha semana antes da celebración do concerto.