Pasar al contenido principal

Woman Emprende asesorará preto de 200 iniciativas empresariais de mulleres a través do programa Emega

Este ano reforzáronse as axudas da liña Activa. FOTO: https://womanemprende.org/
Este ano reforzáronse as axudas da liña Activa. FOTO: https://womanemprende.org/
A USC toma parte neste programa que busca fomentar o emprendemento feminino e impulsar medidas complementarias que favorezan a conciliación da vida persoal, familiar e laboral

O programa Emega no que toma parte a USC e que busca fomentar o emprendemento feminino e impulsar medidas complementarias que favorezan a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, celebrou este martes un almorzo informativo virtual no que se deron cita as emprendedoras que integran os 197 proxectos impulsados dende a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. Todas as beneficiarias da axuda Emega terán acceso ao servizo de información e orientación empresarial a través do Programa Woman Emprende da USC. As axudas deste ano permitirán a creación ou mantemento de 324 postos de traballo.

O acto no que tomou parte a vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos da USC, Mar Lorenzo Moledo, serviu para abordar como a crise da COVID-19 pode ser unha oportunidade para as emprendedoras. De feito, este ano reforzáronse as axudas da liña Activa, dirixida á reactivación e a consolidación de empresas a través de incentivos para a renovación, a ampliación ou o cambio de localización cos que paliar unha situación adversa agravada pola crise sanitaria da COVID-19. Estas axudas están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.11.2020.