Pasar al contenido principal

O testamento de Alonso de Fonseca III, patrimonio mundial

Detalle do testamento custodiado no Arquivo Universitario de Santiago. Foto: AHUS
Detalle do testamento custodiado no Arquivo Universitario de Santiago. Foto: AHUS
No Día Internacional do Patrimonio Mundial da Unesco, o Arquivo Histórico Universitario de Santiago analiza este documento pola súa indiscutible transcendencia en tanto que sentou os alicerces da constitución da USC incluenciado por correntes universais
Lugo, Santiago de Compostela

O Arquivo Histórico Universitario de Santiago (AHUS) súmase á conmemoración do Día Internacional do Patrimonio Mundial da Unesco achegando unha análise arredor da figura de Alonso de Fonseca III a partir do seu testamento outorgado en Alcalá de Henares o 17 de febreiro de 1534.  O AHUS propón unha análise contextual e diplomática deste documento pola súa indiscutible transcendencia en tanto que sentou os alicerces para a constitución da USC. O documento e a análise están dispoñible para a súa consulta na web do Arquivo.

A análise realizada dende o Arquivo Histórico Universitario destaca a figura de Alonso de Fonseca III pola súa relevancia tanto nos planos local como universal.  Neste senso e á vista do seu testamento, o equipo do AHUS sinala que “poucos personaxes da primeira Idade Moderna hispánica conseguiron desenvolver, nunha traxectoria vital de tan só 59 anos, unha actividade tan relevante, mesmo frenética, en campos tan diversos e en materias tan distintas, personificando a figura paradigmática do home de prol renacentista”.

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.11.2020.