Pasar al contenido principal

Ciclo cultural 'Proxecto Lorca'

Presentación dos poemas galegos de Lorca musicados

18.12.2020 | 20.30h

Casa do Saber

Iniciativa promovida pola Área de Cultura da Deputación de Lugo e a Área de Cultura do Campus Terra en lembranza da primeira visita realizada por García Lorca a Galicia en 1916

Cartel do evento
Cartel do evento

A presentación dos poemas galegos de Lorca musicados recollerá 'Cantiga do neno da tenda', a cargo de Noelia Geada e David Taboada; 'Danza da lúa en Santiago', a cargo de Nebra; 'Romance da Nosa Señora da Barca', a cargo de Infrarroja; 'Nouturno do adolescente morto', a cargo de Muruáis e Monsalve; 'Canción de cuna para Rosalía de Castro, morta', a cargo de Condensadores de Fluzo; e 'Chove en Santiago', a cargo de Carlos Díaz.

Para reservar a túa praza debes enviar un correo a cultura.lugo [at] usc.es (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]es) a partir do venres anterior a cada evento, facilitando o teu nome completo, DNI e teléfono. As reservas recibirán confirmación e todos os eventos serán retransmitidos por streaming.

O ciclo cultural 'Proxecto Lorca' é unha viaxe arredor da figura e da pegada que deixou García Lorca en Galicia, tanto a través da súa escrita como tamén da súa vida cultural no primeiro terzo do século XX.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.11.2020.