Pasar al contenido principal

Excelencia e especialización, motores da estratexia ‘Galicia 2030’

O proxecto pretende introducir quince novos mestrados nas universidades galegas
O proxecto pretende introducir quince novos mestrados nas universidades galegas
O reitor Antonio López tomou parte na presentación da proposta de novas titulacións para as universidades galegas
Lugo, Santiago de Compostela

“A excelencia e a especialización revelaranse como unha importante divisa para o posicionamento  das  universidades”, así o establece o informe de Proposta de Novas Titulacións para o Sistema Universitario Galego (SUG) que foi presentado este martes nun acto no que tomou parte o reitor Antonio López. O proxecto pretende introducir quince novos mestrados nas universidades galegas co obxectivo de axustar a oferta de títulos aos novos perfís profesionais da vindeira década, en eidos específicos como a economía circular, a biofabricación, a innovación educativa, o vehículo autónomo ou a intelixencia artificial.

A elaboración do informe constou dunha primeira fase, na que participaron máis de 80 expertos para elaborar un primeiro catálogo de perfís profesionais, no que se identificaron 30 roles que demandarán as empresas no medio prazo; este martes, presentáronse as conclusións da segunda fase, na que se estudaron os coñecementos xa cubertos polo sistema universitario e os baleiros formativos detectados.

Durante a presentación da iniciativa ‘Galicia 2030: perfís profesionais de futuro e novas titulacións e especialidades universitarias’, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, aseverou que as universidades teñen demostrado o seu gran papel como motores no desenvolvemento; “e, agora, é preciso non perder o compás do futuro que nos agarda e seguir adaptándose aos novos retos”.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.01.2021.