Pasar al contenido principal

Pesar polo falecemento de Manuel Jesús García Garrido, reitor da USC entre 1968 e 1972

Reitoría da USC
Reitoría da USC
A institución académica deixa constancia igualmente das súas condolencias polo recente falecemento da alumna do grao de Psicoloxía Alba Figueroa Paniza
Lugo, Santiago de Compostela

A USC manifesta o seu fondo pesar ante o pasamento de Manuel Jesús García Garrido (1928-2021), reitor da universidade compostelá entre os anos 1968 e 1972. Logo de titularse como Mestre en Badaxoz, cursou estudos de Dereito en Sevilla, onde se licencia e doutora. Formouse como discípulo de Álvaro D’Ors, tomando como campo de traballo o Dereito Romano. Logo dunha estadía en Italia, de regreso a España ocupa as cátedras de Dereito Romano nas universidades de La Laguna, Santiago de Compostela e a UNED, sendo ademais reitor fundador desta última.

Á súa faceta universitaria hai que sumar a súa faceta na política e na xurisprudicencia, xa que foi procurador en Cortes, membro da comisión constitucional na Constitución Española de 1978 e deputado por Badaxoz. Ademais está en posesión da Orde de San Raimundo de Peñafort e da Gran Cruz da Orde Civil de Alfonso X el Sabio e a do Mérito Civil. Foi investido como doutor honoris causa por diversas universidades, a última delas a Academia de Ciencias de Moscú. Tamén foi nomeado presidente honorario da  Academia Romanística Constantiniana, en Perugia.

Alba Figueroa

A institución académica compostelá deixa igualmente constancia das súas condolencias polo recente falecemento de Alba Figueroa Paniza, alumna de 4º curso do grao de Psicoloxía, e súmase á dor da súa familia e amizades.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.01.2021.