Pasar al contenido principal

Comeza o proceso de elaboración dun novo Plan de Desenvolvemento Sustentable da USC

O novo Plan recollerá as cuestións vinculadas coa sustentabilidade en todas as súas dimensións
O novo Plan recollerá as cuestións vinculadas coa sustentabilidade en todas as súas dimensións
O documento deberá actualizar o marco de actuación en cuestións vinculadas coa sustentabilidade en todas as súas dimensións involucrando á comunidade universitaria
Lugo, Santiago de Compostela

A USC acaba de iniciar o proceso de elaboración dun novo Plan de Desenvolvemento Sustentable (PDS) que actualice o marco de actuación e activar á comunidade universitaria naquelas cuestións vinculadas coa sustentabilidade en todas as súas dimensións. Este documento dará continuidade ao aprobado en 2003 e co que a Universidade de Santiago se convertera nunha institución pioneira en iniciativas de sustentabilidade e responsabilidade social.

A partir da implicación de toda a comunidade universitaria fomentando a súa participación nas distintas fases, o punto de partida será a diagnose da situación da USC en relación aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e a identificación das accións levadas a cabo así como os posibles retos para seguir incidindo na consecución destes obxectivos. En paralelo traballarase na definición dos obxectivos da USC dende o punto de vista dos ODS en consonancia coa planificación estratéxica da Universidade de Santiago neste eido. O propio PDS debe concretar os recursos, axentes e entidades que desenvolverán as súas actuacións así como os mecanismos de seguimento para poder avaliar a evolución do documento.

O proceso de elaboración estará guiado polo Grupo Motor, un espazo con representación de todos os perfís da comunidade universitaria que poden ser clave no desenvolvemento do proceso e como contraste para os distintos pasos a acometer. Este grupo está formado polos vicerreitores de Planificación, Tecnoloxías e Sustentabilidade e de Igualdade, Cultura e Servizos, Gumersindo Feijóo e Mar Lorenzo, respectivamente; o vicexerente de Economía e Infraestruturas, Xosé Antón Freire; a alumna do grao en Pedagoxía, Ana Randolfe; a alumna do doutoramento en Enerxías Renovables, Antía Míguez; o decano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Xoán Ramón Doldán; a decana da Facultade de Óptica e Optometría, María Jesús Giráldez; o director da Área de Promoción e Proxectos Internacionais, Emilio Martínez; a xefa de Sección de Formación de PAS, Ana M. Domínguez; o técnico de Xestión de Calidade, Rubén Nogueiras; e a coordinadora do PDS, Silvana Longueira.

O proceso de elaboración do PDS estenderase ao longo deste curso académico e contará de tres fases. Logo da diagnose da situación de partida, a través da análise da documentación existentes e da realización de grupos de participación; avanzarase no contraste da diagnose, comunicación de obxectivos e ideación de propostas de acción, cunha segunda rolda de grupos de participación, a consulta á comunidade universitaria e a elaboración dun documento de síntese; para rematar coa elaboración do PDS comando como referencia catro áreas fundamentais: xeración e transferencia de coñecemento, formación e docencia, xestión e gobernanza e compromiso social. Ademais de coa planificación estratéxica da USC, o Plan estará aliñado co marco académico e internacional de compromiso coa Axenda 2030 e os ODS.

 

Sesión Teams do Grupo Motor
As primeira xuntanzas de traballas do Grupo Motor estiveron condicionadas pola situación sanitaria
Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.01.2021.