Pasar al contenido principal

Conferencia

I Encontro Virtual de Psicoxerontoloxía: 'Intervención psicoxerontolóxica nos tempos da COVID-19'

18.02.2021 | 16.30h-18.30h

Organiza Master de Psicoxerontoloxía da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela

Cartel do evento
Cartel do evento

O I Encontro Virtual de Psicoxerontoloxía: 'Intervención psicoxerontolóxica nos tempos da COVID-19' ten como obxectivo  reflexionar e potenciar o perfil do profesional da psicoxerontoloxía arredor dos efectos psicolóxicos da COVID-19 nas persoas maiores.

En primeiro lugar, terá lugar a conferencia 'Intervención psicolóxica cos profesionais a cargo dos coidados', a cargo de Ana Navarro, da Universidade de Salamanca.

Para rematar, Maria Calle, do CRAPD Vigo; Pablo Fernández Lois, de CD Portas; e Maxi Rodríguez, de AFAGA Alzheimer, serán os responsables da mesa redonda 'Intervención psicolóxica coa persoa maior. Vellas limitacións e novos retos'.

A inscrición e gratuita e pode realizarse a través do correo electrónico: david.facal [at] usc.es (david[dot]facal[at]usc[dot]es).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.02.2021.