O director técnico de Dronetools, Jorge Gutiérrez Riego, impartirá en liña unha sesión formativa impulsada desde o máster en Sistemas Aéreos non Tripulados da USC

O máster universitario en Operacións e Enxeñaría de Sitemas Aéreos non Tripulados da USC, un posgrao coordinado pola profesora Mariluz Gil Docampo e que se imparte na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo, organiza este luns, de 17.00 a 19.00 horas, unha sesións virtuais sobre a transformación dixital na fabricación industrial no ámbito das UAVs e cargas de pago que serán impartidas por directivos de empresas do sector.
O director técnico de Dronetools, Jorge Gutiérrez Riego, impartirá a master class ‘Cargas de pago, 1000 operacións’, na que afondará sobre a fabricación de multicópteros, así como do deseño dinámico de cargas de pago. A sesión tamén se desenvolverá de xeito telemático a través de Teams.