Pasar al contenido principal

O Consello Social oferta prácticas extracurriculares para alumnado de grao e máster

Para poder tomar parte na convocatoria é preciso ter superados como mínimo 90 ECTS. FOTO: Santi Alvite
Para poder tomar parte na convocatoria é preciso ter superados como mínimo 90 ECTS. FOTO: Santi Alvite
O prazo para formalizar as solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro 23 de febreiro e recoñecerase con 1.500 euros ao alumno ou alumna mellor valorada polo seu titor externo
Lugo, Santiago de Compostela

A convocatoria de prácticas extracurriculares impulsada dende o Consello Social mantén aberto o prazo para formalizar solicitudes ata o vindeiro 23 de febreiro. Nesta edición, o Consello premiará novamente con 1.500 euros ao alumno ou alumna que reciba unha mellor valoración por parte do seu titor/a externo/a. A solicitude presentarase a través desta ligazón.

Os graos para os que se oferta praza en prácticas son Administración e Dirección de Empresas, Bioloxía, Dereito, Economía, Educación Primaria, Educación Social, Enfermaría, Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria, Enxeñaría Forestal e do Medio Natural, Enxeñaría Informática, Historia, Lingua e Literatura Inglesas, Óptica, Química, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Pedagoxía, Traballo Social e Veterinaria. Tamén se ofertan prazas para os mestrados en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade, Dirección de Empresas e Dirección e Xestión Contable e Financeira.  

Para poder tomar parte na convocatoria é preciso ter superados como mínimo 90 ECTS,  agás  situacións  académicas  debidamente xustificadas  que  permitan  a  súa  realización  cun  número  menor  de  créditos cando sexa de aplicación.

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.05.2022.