Iniciativa dirixida ao profesorado e incluída no programa Universia TDUTalks

A sesión ‘Atrévete a máis: claves para conectar co teu alumnado’ contará coa participación de expertos/as universitarios co obxectivo de reflexionar sobre a relación cos nativos dixitais, particularmente o alumnado acostumado a moverse por un mundo dixital.
As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición no evento a través da seguinte ligazón.
O encontro contará con Antonio Fernández Coca, profesor e vicerreitor de Campus Dixital e Transmedia na Universitat de les Illes Balears, co relatorio ‘Estratexias docentes en tempos de transformación, dixital ou non. Atreverse a formar’; Leticia Cabral, General Manager Spain & Business Development Latam en OXENTIA, LTD (Oxford University Innovation international consultancy on innovation management, technology commercialisation and entrepreneurship), falando sobre ‘Emprendimento e Transformación Dixital nas aulas universitarias: Retos e Oportunidades’; Luis Regino Murillo Zamorano, profesor da Universidade de Estremadura e autor do libro Transformación digital y creatividad en Educación Superior, cunha intervención sobre ‘Transformación Dixital e Creatividade en Educación Superior’; e con Màrius Martínez, profesor e vicerreitor de Relacións Internacionais na Universitat Autònoma de Barcelona, co relatorio ‘Moi ben: pasemos, nunha semana, unha universidade presencial de 40.000 alumnos á modalidade en liña’