Pasar al contenido principal

Proxecto 'ECOSOCIEDAD'

Conferencia 'Servizos Ecosistémicos e iniciativas empresariais sustentables'

17.02.2021 | 16.00h-17.30h

Videoconferencia en Zoom

Este evento forma parte do proxecto 'ECOSOCIEDAD', financiado pola Fundación Biodiversidad do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico e liderado polo profesor Sebastián Villasante da USC

Cartel do evento
Cartel do evento

Os ecosistemas mariños subministran unha ampla gama de bens e servizos á sociedade e ao sector empresarial. Na actualidade, existen diferentes iniciativas que permiten ás empresas avanzar no proceso de avaliación e integración dos servizos ecosistémicos nas súas estratexias corporativas.

A conferencia 'Servizos Ecosistémicos e iniciativas empresariais sustentables', que abordará esta cuestión, contará coa participación dos profesores da USC Sebastián Villasante, lider do proxecto marco, e Jacobo Feás Vázquez. Trátase dun evento de acceso público e aberto, baixo inscrición previa, e pode solicitarse máis información a través do correo ecosociedad2020 [at] gmail.com (ecosociedad2020[at]gmail[dot]com).

Este encontro virtual forma parte do proxecto 'ECOSOCIEDAD- Participación ciudadana para la mejora de la conservación de la biodiversidad marina en los espacios Red Natura 2000 de las Rías Baixas', que pretende deseñar de forma participativa unha estratexia para manexar riscos e oportunidades das actividades económicas que xorden da dependencia e impacto das súas actividades nos ecosistemas mariños.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.02.2021.