Con este evento abre o ciclo de charlas organizado pola Escola de Doutoramento Internacional da USC (EDIUS)

Patricia Rodilla e Luz Castro, dúas enxeñeiras informáticas e profesoras da Universidade da Coruña, serán as responsables da charla de apertura do ciclo ‘Son doutor/a… e agora que?’, destinado a achegar ao alumnado as experiencias profesionais de expertos en diversos campos que compaxinan a investigación con actividades profesionais.
A primeira conferencia, ‘Humanizando o dixital’ está orientada a doutorandos/as e incluso a aqueles/as estudantes que están rematando un mestrado, e pretende transmitir a idea de que se poden mesturar, e con éxito, as humanidades e o mundo dixital.
As persoas interesadas en asistir só teñen que introducir na plataforma Teams o código kxoxasa para asisitir virtualmente á charla.