Nas seguintes sesións abordaranse as oportunidades laborais noutros sectores como a información cuántica, a física médica, a enerxía ou a propia carreira académica, de acordo coas suxestións recibidas por parte do alumnado da Facultade

A segunda sesión das Xornadas de Orientación Laboral da Facultade de Física, centrada no Big Data, conta cos ponentes Álvaro Dosil (TripleAlpha) e Javier Díaz (Inditex).
A primeira sesión tivo lugar o venres 19 de febreiro, baixo o título 'A Física no mundo do Big Data e a Intelixencia Artificial' e que contou coa participación de Antonio Torrado, socio-director da área de Big Data & Advanced Analytics de SDG Group, e David Díaz, científico de datos no equipo de Big Data & Advanced Analytics que lidera Antonio Torrado.