Pasar al contenido principal

Exposición

'Dona Emilia e Compostela'

04.03.2021 | 20.00h

Salón Artesoado e Capela

Mostra organizada polo Ateneo de Santiago en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela

Cartel da exposición
Cartel da exposición

A exposición 'Dona Emilia e Compostela' estará instalada no Salón Artesoado e na Capela de Fonseca entre o 4 de marzo e o 23 de abril. Esta mostra será comisariada por José Manuel González Herrán, catedrático de Literatura Española da USC e vogal da directiva do Ateneo de Santiago; e por Santiago Díaz Lage, profesor na UNED. 

O seu obxectivo principal é amosar a presenza da escritora Emilia Pardo Bazán en Santiago de Compostela (visitas, estadías, relacións, amizades, lembranzas, testemuñas…), así como a pegada da cidade na súa obra (escenario de novelas e contos, crónicas e artigos xornalísticos, ensaios,  etc.). 

No Salón Artesoado estará a primeira parte, 'Emilia en Compostela (1866-1879)', que recollerá mostras (documentos, imaxes, libros) da súa presenza, estancias, traballos e relacións persoais en Santiago.

A segunda parte, 'Compostela na obra de Pardo Bazán (1880-1921)', na Capela, reflectirá a presenza da cidade nos seus relatos, ensaios, artigos e crónicas xornalísticas.

Para asistir ao acto de inauguración é preciso inscribirse previamente no enderezo ateneo [at] ateneodesantiago.com (ateneo[at]ateneodesantiago[dot]com)

O horario para visitar a mostra a partir deste día será de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.03.2021.