Pasar al contenido principal

Eleccións 2021

As persoas interesadas poderán consultar a súa inclusión no censo de xeito individualizado a través da aplicación electoral. FOTO: Santi Alvite
As persoas interesadas poderán consultar a súa inclusión no censo de xeito individualizado a través da aplicación electoral. FOTO: Santi Alvite
Convocadas as eleccións de representantes no Claustro Universitario, nas Xuntas de Centro e nos Consellos de Departamento, así como no Comité de Dirección da EDIUS
Lugo, Santiago de Compostela

A USC mantén aberta a convocatoria de eleccións para elixir ás persoas representantes do alumnado no Claustro Universitario, así como aos representantes de todos os sectores nas Xuntas de Centro e nos Consellos de Departamento e aos representantes de Persoal Docente e Investigador (PDI), estudantes de doutoramento e Persoal de Administración e Servizos (PAS) no Comité de Dirección da Escola de Doutoramento Internacional (EDIUS). Este venres 26, publicouse o censo definitivo dos procesos convocados.

A presentación de candidaturas poderá realizarse entre o 5 e o 12 de abril. A proclamación provisional de candidatos producirase o día 13 do mesmo mes e, tras o período de recursos que se estenderá entre o 13 e 16 de abril, realizarse a proclamación definitiva o día 20 do mesmo mes. As votacións efectuarase o 29 de abril en horario de 9.00 a 19.00 horas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.03.2021.