Pasar al contenido principal

O Consello Social impulsa o Recoñecemento á traxectoria profesional

As persoas ou entidades interesadas en presentar candidaturas a este recoñecemento de carácter honorífico deberán facelo a través do rexistro electrónico. FOTO: Santi Alvite
As persoas ou entidades interesadas en presentar candidaturas a este recoñecemento de carácter honorífico deberán facelo a través do rexistro electrónico. FOTO: Santi Alvite
As candidaturas para este galardón de carácter honorífico poderán presentarse antes do 15 de maio e deberán centrarse en persoas que teñan contribuído ao desenvolvemento da contorna social logo de cursar os seus estudos na USC
Lugo, Santiago de Compostela

Coa intención de recoñecer a excelencia profesional das persoas que cursaron os seus estudos na USC, o Consello Social impulsa o Recoñecemento á traxectoria profesional, unha convocatoria a través da cal preténdese recoñecer a aquelas persoas que coa súa actividade teñan contribuído ao desenvolvemento da contorna social.

As candidaturas poderán ser presentadas por membros da comunidade universitaria, a Asociación de Antigos Alumnos da USC; por asociacións empresariais, asociacións de comerciantes e Cámaras de Comercio; colexios profesionais, así como polos concellos de Santiago e Lugo.

As persoas ou entidades interesadas en presentar candidaturas a este recoñecemento de carácter honorífico deberán facelo a través do rexistro electrónico antes do 15 de maio de 2021.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.05.2022.