Pasar al contenido principal

Acto institucional

VII Xornada Universitaria Galega en Xénero

07.05.2021

En liña

Evento organizado polas oficinas de igualdade de xénero da USC, a UDC e a UVigo e financiado con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero

Cartel do evento
Cartel do evento

O prazo límite para presentar propostas de comunicación a este encontro remata o 7 de maio, e o evento terá lugar os días 10 e 11 de xuño en formato virtual.

Desde 2013, as oficinas de igualdade de xénero das universidades galegas colaboran para levar a cabo a Xornada Universitaria Galega en Xénero, punto de encontro e reflexión para o persoal docente e investigador que traballa con perspectiva de xénero. Como nas edicións anteriores, abrirase a convocatoria ao persoal docente e investigador de fóra do ámbito do sistema universitario galego.

Nesta sétima edición o obxectivo é visibilizar o impacto da actual crise sanitaria, social e económica nos ámbitos da violencia de xénero e da traxectoria investigadora das mulleres; así como a importancia da aposta por unha docencia universitaria con perspectiva de xénero.

A presentación de propostas será a través do envío do  formulario de comunicación aos seguintes enderezos electrónicos, dependendo da área temática:

- Violencias contra as mulleres: oficina.igualdade [at] udc.gal (oficina[dot]igualdade[at]udc[dot]gal).

- Mulleres, investigación e COVID: igualdade [at] uvigo.es (igualdade[at]uvigo[dot]es).

- Perspectiva de xénero na docencia universitaria: oix [at] usc.gal (oix[at]usc[dot]gal).

 

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.04.2021.