Pasar al contenido principal

Entrega de galardóns

VII edición dos Premios Valentín Paz Andrade

20.04.2021 | 12.00h-13.00h

Salón de Graos

O reitor Antonio López presidirá a entrega dos galardóns da VII edición dos Premios Valentín Paz Andrade de Investigación en Economía de Galicia.

O acto terá lugar no Colexio San Xerome. FOTO: Santi Alvite
O acto terá lugar no Colexio San Xerome. FOTO: Santi Alvite

Antonio López, reitor da USC, levará  acabo a apertura do acto, que irá seguida da lectura da Acta do xurado por Maria Dolores Riveiro García, Directora do IDEGA, e a correspondente entrega de galardóns e intervencións dos premiados.

Tamén estará presente Agustín Hernández Fernández de Rojas, Presidente do Consello Económico e Social de Galicia, que acompañará ao reitor durante o peche do acto.

Estes galardóns están convocados conxuntamente con carácter anual polo Consello Económico e Social de Galicia e o IDEGA, co obxecto de premiar aqueles traballos de investigación que contribúan ao mellor coñecemento da realidade económico-social de Galicia e ao establecemento das mellores políticas para contribuír ao benestar dos seus cidadáns.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.04.2021.