Pasar al contenido principal

IX edición das Conversaciones Iberoamericanas

'A xestión financeira pública a través da orza por ODS: a experiencia de México'

21.04.2021 | 17.00h-18.00h

Videoconferencia en Zoom

Evento organizado pola Cátedra Iberoamericana da USC en colaboración con AFI (Asesores Financeiros Internacionais) e AIFIL (Asociación Iberoamericana de Financiación Local), no marco da Axenda 2030

Cartel do evento
Cartel do evento

Gabriel Yorio, subsecretario de Facenda e Crédito Público do Goberno de México participa na IX edición das Conversas Iberoamericanas. O acompañarán a directora da Cátedra Iberoamericana, María Cadaval; Carmen López, experta en finanzas públicas en AFI; e Javier Suárez Pandiello, catedrático da Universidade de Oviedo e presidente da AIFIL.

O esforzo realizado ata o momento por adaptarse á Axenda 2030 desde a súa aprobación salienta en México por ter aliñado xa máis de 400 indicadores, que contabiliza a Secretaría de Facenda e Crédito Público do Goberno do goberno mexicano, superando así un 80% do total. Porén, as dinámicas son distintas entre países, e España comeza agora a introducir este mandato na súa planificación, e outras rexións aínda non o contemplan.

A conversa celebrarase de forma telemática a través de Zoom. Podes acceder nesta ligazón.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.04.2021.