Pasar al contenido principal

Simposio en liña

'Servizos ecosistémicos mariños no proxecto ECOSER' (segunda xornada)

30.04.2021

Videoconferencia en Zoom

Evento organizado no marco do proxecto ECOSER, no que toma parte a USC, a Universidade de Vigo, a Universidade de Almería e o Instituto para o Crecemento Sostible da Empresa

Cartel do evento
Cartel do evento

O proxecto ECOSER, liderado polo profesor Sebastián Villasante da USC, ten como obxectivo promover a sustentabilidade ambiental, económica e social dos servizos ecosistémicos mariños (SEM) en áreas naturais protexidas do territorio español.

Como parte do proxecto, o equipo levará a cabo un simposio en liña sobre SEM. Na primeira xornada, o 23 de abril, presentáronse os resultados obtidos en tres casos de estudo: Reserva Mariña de Interese Pesqueiro de Lira, Illas Cíes e Parque Natural Cabo de Gata – Níjar.

Na segunda xornada, o 30 de abril, os especialistas e actores chave en cada caso de estudo determinarán os pasos a seguir para dar continuidade aos resultados do proxecto.

Este proxecto conta coa financiación do programa PLEAMAR da Fundación Biodiversidade, do Ministerio para a Transición Ecolóxica a través do Programa Pleamar, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.04.2021.