Pasar al contenido principal

Universidade de Verán 2021

'Visualización e análise de datos con R'

Volta a Universidade de Verán tras ser suspendida en 2020, por primeira vez en máis de trinta anos, a causa da pandemia da COVID-19

Ordenador portátil. Fonte: Pixabay
Ordenador portátil. Fonte: Pixabay

Os obxectivos formulados para este curso da Universidade de Verán son dar a coñecer as funcionalidades básicas de R como programa para o tratamento estatístico de datos e transmitir as habilidades necesarias para desenvolver análises estatísticas descritivas e inferenciais. Tamén se presentarán ferramentas de busca e axuda que permitan aos/ás asistentes afondar nos métodos dispoñibles.

Podes consultar o programa completo nesta ligazón. A duración desta acticvidade formativa, de 36 horas lectivas, abrangue do 13 ao 23 de xullo.

A USC recoñece a asistencia ao 80% deste curso (como mínimo) con dous créditos ECTS para o seu alumnado de grao.

As prazas están limitadas 40 por mor da situación sanitaria, e a matrícula, cuxo prazo remata o 2 de xullo, conta cunha taxa xeral e outra reducida para estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregado/as, socios da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.05.2021.