Volta a Universidade de Verán tras ser suspendida en 2020, por primeira vez en máis de trinta anos, a causa da pandemia da COVID-19

Neste curso da Universidade de Verán darase a coñecer que é a química no século XXI e como se relaciona con outras ciencias, achegando exemplos que demostran que a maioría das actividades, o desenvolvemento e comodidades que forman parte da nosa vida están a ser proporcionadas por ou teñen un alto compoñente de química.
Podes consultar o programa completo nesta ligazón. A duración desta acticvidade formativa, de 25 horas lectivas, abrangue do 19 ao 22 de xullo.
A USC recoñece a asistencia ao 80% deste curso (como mínimo) con dous créditos ECTS para o seu alumnado de grao.
As prazas están limitadas 50 por mor da situación sanitaria, e a matrícula, cuxo prazo remata o 9 de xullo, conta cunha taxa xeral e outra reducida para estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregado/as, socios da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC.