Volta a Universidade de Verán tras ser suspendida en 2020, por primeira vez en máis de trinta anos, a causa da pandemia da COVID-19

Este obradoiro, que forma parte da Universidade de Verán, ten por obxectivo principal informar, de maneira comprensible para calquera cidadán que non teña coñecementos xurídicos, dos principais dereitos que se recoñecen en favor dos consumidores. Evitarase no máximo posible a docencia teórico-académica e promoverase un enfoque eminentemente práctico.
Podes consultar o programa completo nesta ligazón. A duración desta acticvidade formativa, de 15 horas lectivas, abrangue do 1 ao 3 de setembro.
A USC recoñece a asistencia ao 80% deste curso (como mínimo) cun crédito ECTS para o seu alumnado de grao.
As prazas están limitadas 25 por mor da situación sanitaria, e a matrícula, cuxo prazo remata o 25 de agosto, conta cunha taxa xeral e outra reducida para estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregado/as, socios da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC.