Volta a Universidade de Verán tras ser suspendida en 2020, por primeira vez en máis de trinta anos, a causa da pandemia da COVID-19

O curso ‘BIM: Presente e futuro dunha nova metodoloxía colaborativa para as grandes obras de enxeñaría. Perspectiva académica e de empresas?’, organizado e dirixido por José Antonio Pardiñas García, trasladará a Universidade de Verán 2021 ao salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo do 20 ao 23 de xullo. As persoas interesadas en consultar o programa poden facelo a través desta ligazón.
Os obxectivos deste programa estival pasan por coñecer os aspectos máis novidosos dos nichos de traballo en peritaxes e proxectos, fundamentalmente proxectos en actividades en naves industriais, locais de concorrencia pública e en explotacións agrogandeiras.
Este curso da Universidade de Verán 2021, para a que se ofrecen un máximo de 70 prazas, está estruturada en 26 horas lectivas, que se desenvolverán en quenda de mañá e tarde. As persoas matriculadas recibirán cadanseu diploma acreditativo unha vez rematadas as sesións programadas. A USC recoñecerá a asistencia a este curso con dous créditos ECTS para o seu alumnado de grao.
O prazo de matrícula neste seminario da Universidade de Verán 2021, que con financiamento da EPSE da USC, o Concello de Lugo, Deputación Provincial de Lugo e Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo, permanece aberto ata o 9 de xullo. O prezo da inscrición é de 70 euros, aínda que a USC ofrece unha taxa reducida de 40 euros a estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregado/as, socios da Asociación de Antigos Alumnos da USC e PDI e PAS da USC.