Pasar al contenido principal

Bota a andar a Mostra de Danza da USC

En aplicación do protocolo por mor da COVID-19, seguiranse as medidas establecidas polas autoridades sanitarias
En aplicación do protocolo por mor da COVID-19, seguiranse as medidas establecidas polas autoridades sanitarias
O Xardín do Colexio de Fonseca acollerá diferentes representacións os días 7 e 30 de xuño a partir das 19.30 horas
Santiago de Compostela

Coa intención de poñer en valor os coñecementos adquiridos ao longo do curso, o Espazo de Danza da USC preparou unha serie de representacións que permitirán achegar á cidadanía o traballo desenvolto ao longo do ano académico polos seus alumnos e alumnas. O curso de Pandeireta e o curso de Danza Galega realizarán unha mostra do traballo deste curso 2020/21, o vindeiro luns 7 de xuño. Asemade, a Compañía Independente da USC Roma presentará a súa coreografía MAI, resultado do traballo desenvolvido no presente ano académico.

O mércores día 30 será a quenda dos cursos de Danza Latina nos niveis de intermedio, avanzado e Internacional, os cales executarán unha mostra do traballo feito durante este curso 2020/21. Ambas as dúas representacións celebraranse no Xardín do Colexio de Fonseca, Xardín das Pedras, ás 19.30 horas. En aplicación do protocolo por mor da COVID-19, seguiranse as medidas establecidas polas autoridades sanitarias para os lugares ao exterior.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.06.2021.