02.07.2021 | 21.00h
A recadación do festival será destinada ao Banco de Alimentos de Santiago

‘Teorema’ é un proxecto escénico e de investigación de Javier Martín que indaga nos sons e movementos do interior do corpo, para rescatar memorias e propoñer novas sensibilidades.
Concertos, representacións teatrais, ou encontros con persoeiros do eido da cultura nutren o programa de USCénica 2021. As entradas só poderán retirarse o mesmo día da función nos espazos onde se programa cada espectáculo a partir das 19.00 horas.