Pasar al contenido principal

O Instituto de Acuicultura colabora co Clúster Acuiplus na organización dunha xornada sobre innovación sostible neste sector

Cartel da xornada
Cartel da xornada

O Instituto de Acuicultura colabora co clúster Acuiplus na organización dunha xornada aberta que aborda o concepto de innovación en acuicultura co finalidade de traballar no fortalecemento e desenvolvemento sostible. Coa representación dos diferentes actores implicados na cadea de valor da acuicultura, están previstas tres mesas redondas nas que se abordarán os retos de innovación en acuicultura, a identificación dos axentes de innovación e como fomentar a cooperación e, finalmente, a sustentabilidade neste sector.

A xornada celebrarase o mércores 3 de abril de 9.15 a 12.30 horas no Instituto de Acuicultura coa participación de investigadores das universidades de Santiago e Vigo, así como do Instituto Galego de Formación en Acuicultura, de Anfaco-Cecopesca, do Centro Tecnolóxico do Mar, do Instituto para o Crecemento Sostible da Empresa, do Centro Tecnolóxico do Clúster da Acuicultura de Galicia, de Ipac Acuicultura, de Natac Group ou de Steinsvik.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.03.2019.