Pasar al contenido principal

Ciclo Pasados Incómodos

Mesa redonda 'Arqueoloxía do conflito'

24.02.2022 | 11.00h-12.00h

Santiago de Compostela
Aula 14

Evento organizado polo grupo de investigación HISTAGRA da USC

Seminario HISTAGRA. Foto de arquivo
Seminario HISTAGRA. Foto de arquivo

O vindeiro 24 de febreiro terá lugar na Facultade de Xeografía e Historia da USC a Mesa de Arqueoloxía do conflito, como parte do ciclo Pasados Incómodos, na que participan a arqueóloga Laura Muñoz e o tamén arqueólogo Xurxo Ayán.

O Grupo HISTAGRA, xunto ao Grupo SINCRISIS, o IMELGA e o Instituto de Medicina Legal da USC 'Luís Concheiro', levaron a cabo en 2021 o desenvolvemento do Plan Cuadrienal de Memoria Democrática de Galicia, grazas ao que se levou a cabo a exhumación das fosas comúns de Vilagarcía de Arousa e San Pedro de Filgueira (Crecente). Nesta liña, organizan unha mesa de debate na que participan especialistas nos traballos relacionados coa arqueoloxía do conflito, nomeadamente da violencia franquista en España.

Neste ciclo, organizado polo grupo de investigación HISTAGRA da USC, participan especialistas da historia, estudos culturais, socioloxía e do pensamento para analizar o pasado e a memoria, así como o seu tratamento presente.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.02.2022.