Evento organizado pola Facultade de Filosofía

O 30 de setembro ás 12.30 horas terá lugar na Facultade de Filosofía da USC a lección inaugural de curso que pronunciará o profersor Javier San Martín Sala, catedrático xubilado de Filosofía da UNED (Madrid) e antigo profesor na USC, sobre o tema 'La tarea del Filósofo'.
Ás 18.00 terá lugar no Pazo de San Roque (Santiago) a presentación do libro Mª Luz Pintos, fenomenóloga. Liber amicorum, promovido pola Sociedade Interuniversitaria de Filosofía e que conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e unha portada do pintor Antón Pulido, cedida polo autor.
Na obra participan profesores de varias universidades española e estranxeiras que renden homenaxe á Profesora Mª Luz Pintos Peñaranda, xubilada o pasado mes de agosto e que ocupaba tamén o cargo de Secretaria da Facultade de Filosofía e da Comisión Académica do Programa de Doutoramento en Filosofía.