08.10.2021 | 12.00h
Evento organizado pola Facultade de Relacións Laborais

O vindeiro 8 de outubro, o reitor da USC, Antonio López, presidirá o acto homenaxe a Joaquín Vidal Portabales, no que intervirán unha representación de amigos, familiares, profesorado do centro e alumnado.
A continuación, terá lugar a proxección dunha presentación audiovisual en memoria da súa labor e o descubrimento da placa conmemorativa.
O evento será emitido en streaming, e poderá seguirse nesta ligazón. As persoas interesadas en asistir presencialmente deben mandar un correo a zreldeca [at] usc.es (zreldeca[at]usc[dot]es) solicitando a súa praza.