Evento organizado por Bidafarma en colaboración coa USC

As xornadas profesionais 'Bidafarma, distribución farmacéutica, relación coa universidade e saídas laborais' serán inauguradas o vindeiro 14 de outubro na Facultade de Farmacia.
As xuntanzas, divididas en catro sesións, terán lugar os días 14 e 15 de outubro e 12 de novembro, e contarán con ponencias e diferentes seccións nadas que se abordarán cuestións coma a loxística e operativa do suministro de medicamentos e produtos sanitarios ás oficinas de farmacia ou a figura do farmacéutico coma axente de saúde clave na relación cos pacientes.
O alumnado participante da Facultade presentará o derradeiro día un proxecto en base aos contidos dunha das catro categorías correspondentes coas sesións das xornadas.