Organizada polo Grupo de Estudos Audiovisuais e a AGACOM

O Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación acollerá o xoves, día 21, ás 16 horas, a mesa redonda 'A lusofonía por vir', organizada pola Asociación Galega de Investigadores e Investigadoras de Comunicación (AGACOM) e o Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) da USC.
O evento contará coa participación de Margarida M. Krohling Kunsch (Universidade de Sao Paulo) e Moisés de Lemos Martins (Universidade do Minho) que recibirán a insignia de ouro da USC o venres 22. Formarán parte da conversa aberta Xosé Ramón Pousa Estévez (decano da Facultade de Ciencias da Comunicación), Margarita Ledo (directora do GEA) e Víctor Fernández Freixanes (presidente da Real Academia Galega).
A mesa redonda poderá seguirse en directo no propio auditorio ou ben en liña a través de TEAMS.