Pasar al contenido principal

Medio cento de investigadores da USC, entre o 2% dos máis citados e influentes do mundo

Laboratorio da USC
Esta é a terceira versión que se publica desta base de datos integrada por máis de 180.000 científicos e científicas. FOTO: Santi Alvite
Os catedráticos Juan Nieto e María José Alonso son os nomes da USC que encabezan esta clasificación elaborada por investigadores da Universidade de Stanford, a organización SciTech Strategies e a empresa Elsevier
Lugo, Santiago de Compostela

Un total de 54 investigadores e investigadoras da USC sitúanse entre o 2% dos científicos máis citados e influentes do mundo en 22 campos científicos e 176 subcampos. Así o establece a base de datos elaborada por John P. A. Ioannidis da Universidade de Stanford, xunto con Kevin W. Boyack de SciTech Strategies e Jeroen Baas da empresa Elsevier. O catedrático de Análise Matemática Juan Nieto é o nome da USC que encabeza a listaxe da USC, seguido da catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, María José Alonso.

Forman tamén parte desta listaxe por parte da USC Manuel A. López Quintela, Andrés Baselga, José Castillo, Néstor Armesto, Juan C. Reboredo, Jesús F. Salgado, Miguel López, Alberto Cabada, Jesús L. Romalde, María Loureiro, Carlos A. Salgado, Francisco Orallo, Ricardo Riguera, Luis Botana, E.G. Ferreiro, Ángel Carracedo, Pilar Bermejo Barrera, Christopher Phillips, Carmen Álvarez Lorenzo, Juan Lema, R. Cela, Rosana Rodríguez López, C. Adam, A. Arce, E. Zas, Thomas Dent, Alejo Carballeira, Manuel Vázquez, José Rivas, I. Rodríguez, Gumersindo Feijoo, Alicia E. Toranzo, María Teresa Moreira, M. Carballa, Klaus von Gadow, Carlos Pajares, Massimo Lazzari, Jorge Barros Velázquez, María Llompart, Felipe Macías, Gonzalo Vázquez, José Benito Quintana, Ana Soto, Ángel Concheiro, Rosario Rodil, Pedro Diz Dios, Antón Rodríguez Núñez, X.L. Otero, Antón Martínez Cortizas, F.J. Ares Pena, María Victoria Lareu e Lourdes Santana.

Esta é a terceira versión que se publica desta base de datos integrada por máis de 180.000 científicos e científicas e que proporciona información estandarizada sobre citas, índice h, ‘índice hm’ axustado por coautoría, citas a artigos en diferentes posicións de autoría, así como un indicador composto. O conxunto de datos desta versión do ránking en permanente actualización, baséase na instantánea do 1 de agosto de 2021 extraída da base de datos Scopus e constrúese a partir do estudo de oito millóns de autores de todo o mundo.

Esta clasificación incorpora unha táboa específica con datos relativos a 2020 na que aparecen 55 investigadores e investigadoras da USC que non aparecen na clasificación xeral que recolle datos de varias décadas. Trátase de Álvaro Goyanes, Avelino Núñez Delgado, Sara González García, Rubén Nogueiras, Carlos García González, José L. Mascareñas, Diego Peña, Francisco Omil, Marta López Alonso, A. Mosquera Corral, Sebastián Villasante, Manuel Fernández Delgado, Concepción González Bello, Adolfo Figueiras, Ignacio García González, Antonio Moreda Piñeiro, Mariana Landín e José M. Alonso.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.10.2021.