Pasar al contenido principal

Obradoiro infantil

'Reciclando cos cinco sentidos'

29.10.2021 | 17.00h

Museo de Historia Natural

Evento organizado polo Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela

Cartel do evento
Cartel do evento

O obradoiro infantil 'Reciclando cos cinco sentidos', impartido pola licenciada en Bioloxía Ana Abad, está dirixido a rapazada de 6 a 12 anos e celebrarase o vindeiro venres 29 de outubro de 17.00 a 19.00 horas. O prezo da actividade é de 4 euros por persoa e require reservar praza alo menos con dous días de antelación á data do obradoiro.

Os obxectivos desta actividade, que se desenvolverá a través de xogos, son sensibilizar sobre a problemática dos residuos a nivel global, promover actitudes orientadas ao consumo responsable, a redución de residuos e a súa reciclaxe, fomentar a reflexión persoal e aprender a identificar e separar residuos.

O evento desenvolverase por grupos de mínimo 15 persoas e máximo 20. Podes consultar máis información na web do MHN, no teléfono 881 816 350 ou no enderezo visitas.museohistorianatural [at] usc.es (visitas[dot]museohistorianatural[at]usc[dot]es)

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.10.2021.