A compañía de teatro da USC toma parte no A-Festival 2021 de Estonia

Baixo a dirección de Roberto Salgueiro, a cidade de Tartu acolleu a represetación de ‘A casa da forza (2, 52-88)’
Santiago de Compostela
A compañía de teatro da USC foi seleccionada para participar no festival internacional de teatro A-Festival 2021, que se desenvolveu do 14 ao 17 de outubro na cidade de Tartu (Estonia). Neste evento déronse cita compañías profesionais procedentes de Austria, Bielorrusia, Ucraína, Polonia e de escolas de teatro de Italia e da propia Estonia.
A compañía da USC que sempre actúa en lingua galega nos certames internacionais presentou o seu último traballo, A casa da forza (2, 52-88), de Angélica Liddell “e tivo unha excelente acollida”, en palabras do seu director Roberto Salgueiro.