Comeza na Reitoría o traspaso de poderes

Juan Viaño e Antonio López, xuntos con representantes dos seus equipos, celebraron este venres a primeira xuntanza de traballo para coordinar o cambio de goberno
Membros dos equipos de goberno que encabezan o actual reitor Juan Viaño e o reitor electo Antonio López mantiveron este venres en San Xerome unha primeira xuntanza de traballo para a coordinación do traspaso de poderes. A xuntanza foi seguida por videoconferencia dende Lugo polos representantes dos dous equipos neste campus.
A partir da vindeira semana está previsto o desenvolvemento de novas xuntanzas de traballo que se organizarán en función das competencias asumidas polas distintas vicerreitorías.