Impartida polo profesor Miguel López, forma parte do programa de conferencias do CiQUS da USC

O Centro Singular de Investigación en Química Bilóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) programa o mércores 10 de novembro unha conferencia en liña a cargo do profesor Miguel López, doutor en Bioloxía Molecular e investigador no Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da USC.
Baixo o título, New targets for obesity treatment: hypothalamic AMPK, a conferencia tratará dos resultados da estratexia antiobesidade desenvolvida polo grupo NeurObesity e baseada en nanopartículas naturais que actúan como transportadores de fármacos capaces de entrar no hipotálamo e vencer a enfermidade.
Para asistir ao seminario, é preciso rexistro previo.