Pasar al contenido principal

XXVIII Xornadas Crue- Secretarías Xerais

O Salón de Actos da Facultade de Medicina e Odontoloxía e o Salón Nobre do Colexio de Fonseca acollerán esta reunión da Sectorial de Secretrías Xerais das Universidades Españolas

CRUE-Universidades Españolas | Secretarías Xerais
CRUE-Universidades Españolas | Secretarías Xerais

A Universidade de Santiago de Compostela acolle do 17 ao 19 de novembro de 2021 a  XXVIII edición das Xornadas Crue – Secretarías Xerais, coas que a  Sectorial de Secretarías Xerais retoma os seus  encontros presenciais tras a crise sanitaria.

Foron moitas as adaptacións necesarias no funcionamento ordinario das institucións dende a última edición das Xornadas, celebrada en Huelva en marzo de 2020,  e neste momento están encima da mesa importantes reformas normativas que requiren atención, como a reforma da organización dos ensinos universitarios, a Lei de Convivencia Universitaria ou a reforma integral da Lei Orgánica de Universidades.  Alén diso, por aplicación da normativa europea imponse tamén a necesidade de implantar nas universidades unha canle de denuncias interna sobre infraccións do Dereito da Unión, que debe estar operativa antes de que finalice este ano.

En consonancia con iso, a Sectorial de Secretarías Xerais propón un programa centrado na análise destas reformas e noutros temas de gran relevancia como a xestión das prácticas académicas externas.

A xornada inaugural abrirá o xoves 18 de novembro ás 10.30 horas no salón de actos da Facultade de Medicina e Odontoloxía, e nela tomarán parte o reitor da USC, Antonio López; o presidente de Crue-Secretarías Xerais e reitor da Universidade de Zaragoza, José Antonio Mayoral; representantes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e do Concello de Santiago; e a Secretaria Xeral de Crue-Universidades Españolas, Teresa Lozano.

A xornada continuará até as 18.30 horas con diversas ponencias arredor do desenvolvemento regulamentario das prácticas académicas externas e a súa implicación para as universidades públicas e privadas; sobre as novidades do Anteproxecto de Lei Orgánica do Sitema Universitario e albergará tamén unha mesa redonda verbo do proxecto de Lei de Convivencia Universitaria. 

O venres 19 de novembro, as Xornadas desprazaranse ao Salón Nobre do Colexio de Fonseca  para tratar da canle de denuncias interna sobre infraccións do Dereito da Unión, dar conta das actividades dos grupos de traballo, presentar a enquisa das CAU e reunir o plenario da Comisión Sectorial.

A clausura terá lugar as 14.15 horas coas intervencións de Antonio López, José Antonio Mayoral e da secretaria xeral da USC e presidenta do grupo de traballo de Protección de Datos da Secretaria Xeral da CRUE, Dulce Mª García Mella.

 

 

Emisión do día 18 de novembro
Emisión do día 19 de novembro
Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.11.2021.