Pasar al contenido principal

Presentación e coloquio

¿Dónde está Marta?

18.11.2021 | 18.00h

Organizado por Netflix España, contará coa presenza da directora e guionista Paula Cons

Proxección e coloquio da serie ¿Dónde está Marta?
Proxección e coloquio da serie ¿Dónde está Marta?

O Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC acollerá o 18 de novembro unha proxección e coloquio do primeiro episodio da serie ¿Dónde está Marta?, dirixida pola galega Paula Cons e estreada en Netflix o de novembro. Trátase da primeira docuserie que aborda o caso de Marta del Castillo, a desaparición en Sevilla dunha rapaza de 17 anos en 2009 e  o proceso policial e xudicial do que foi obxecto. 

A proxección e coloquio, aos que se poderá acceder de balde ata esgotar as localidades do auditorio, están especialmente dirixidos ao alumnado da USC e servirán para que a directora e guionista Paula Cons explique o proceso creativo da serie, o intenso traballo de investigación e as consecuencias da súa estrea. A docuserie de tres episodios presenta numerosas entrevistas que permiten afondar nun  caso cunha cobertura mediática sen precedentes na historia española recente.

O evento, organizado por Netflix España coa colaboración da Facultade de Ciencias da Comunicación será moderado por Marta Pérez Pereiro, profesora do centro.

Paula Cons foi premiada co Mestre Mateo á mellor dirección polo seu primeiro filme de ficción La isla de las mentiras (2019). A directora é especialista en ficción baseada en feitos reais e en documentais de investigación. Despois de licenciarse en Xornalismo pola USC, traballou en diversos medios durante quince anos, antes de dar o salto á ficción en cinema e televisión.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.11.2021.