Pasar al contenido principal

Xornada técnica de ordenación micolóxica na EPS de Enxeñaría

Julián Alonso Díaz, Roque Rodríguez Soalleiro e Javier Pereira Espinel participan como relatores no sesión formativa promovida ao abeiro do plan de transferencia ao agro galego que se desenvolve este xoves, a partir das 16.00 horas na EPS de Enxeñaría

Cartaz da xornada
Cartaz da xornada

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo da USC acolle este xoves, a partir das 16.00 horas, no salón de actos do centro universitario, unha xornada técnica de ordenación micolóxica promovida ao abeiro do plan de transferencia ao agro galego de Agacal polo grupo de investigación Uxafores do Campus Terra da USC, os distritos forestais IX (Lugo-Sarria) e XIII (Valdeorras-Trives), Amtlam e o Concello de A Veiga.

A primeira sesión na que se estrutura esta xornada formativa sobre ordenación micolóxica, que terá continuidade este sábado cunha visita experimental ao  Concello de A Veiga, versará sobre aspectos básicos para a identificación de cogomelos, así como sobre a identificación das principais especies comestibles e comercializables.

O profesor e investigador da USC Julián Alonso Díaz será o encargado de tratar estes asuntos e, ao remate da súa inter vención, o catedrático da USC Roque Rodríguez Soalleiro falará sobre os efectos dos tratamentos silvícolas na produción de cogomelos nunha charla na que tamén presentará os resultados nun sitio de ensaio de rareos en piñeiral. A primeira sesión desta xornada de ordenación micolóxica rematará cunha exposición sobre aproveitamento micolóxico no inventario forestal e nas ordenacións de montes veciñais en man común, a cargo de Javier Pereira Espinel.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.11.2021.