Pasar al contenido principal

Co pianista Iván Fernández

Concerto didáctico'Da amizade á admiración'

26.11.2021 | 20.30h

Organizado pola Área de Cultura da USC

Cartel do concerto
Cartel do concerto

O paraninfo da Universidade acolle o venres 26 de novembro un concerto diáctico no que o pianista Iván Fernández interpretará un programa con composicións de L.V. Beethoven, R. Schumann e J. Brahms. 

Ludwig Van Beethoven, Robert Schumann e Johannes Brahms. Tres grandes compositores e pianistas que compartían algo máis que a súa xenialidade e paixón pola música. A obra de Beethoven foi unha clara fonte de inspiración para Robert e Johannes, quen ademais de manter unha estreita amizade gardaban un profundo sentimento de mutua admiración.

Este concerto, dirixido a todos os públicos, conduciranos de forma didáctica por obras que ilustrarán perfectamente dita relación entre estes tres colosos.

Despois de escoitar unha das obras máis representativas do período romántico de Beethoven, as virtuosas variacións de Schumann sobre un tema do compositor de Bonn son unha boa mostra da veneración que Robert sentía hacia el. Para finalizar, as intimistas variacións de Brahms sobre un tema de Schumann achegarannos á confraternidade entre Johannes e os seus estimados valedores, Robert e Clara.

A participación é de balde previa inscrición que se pode realizar até o día do concerto ás 12 h. Confirnarase a praza por correo electrónico. 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.11.2021.