26.11.2021 | 10.15h
O punto de encontro da Enxeñaría Química

0 26 de novembro de 2021 terá lugar no Salón de Actos da ETSE, Santiago de Compostela o EQ DAY: O punto de encontro da comunidade COEQGa.
O evento incluirá charlas en profundidade para a posta en valor da profesión de enxeñaría con experiencias locais, nacionais e internacionais; experiencias de networking para se adentrar nunha rede de profesionais, empresas e entidades con longa traxectoria; e sesións de diálogo cara á reflexión conxunta sobre o pasado, o presente e o futuro da enxeñería química.