Pasar al contenido principal

I Curso de Enfermidades Metabólicas Conxénitas

26.11.2021-27.11.2021 | 16.00h

Hotel Monumento San Francisco

Organizado pola Cátedra Institucional de la USC de Enfermedades Metabólicas Hereditarias. Sanofi Genzyme

I Curso de Enfermidades Metabólicas Conxénitas
I Curso de Enfermidades Metabólicas Conxénitas

Durante os días 26 e 27 de novembro desenvolvésese no Salón Carlos V do Hotel San Francisco de Santiago un curso sobre a humanización e xestión das enfermidades raras e os trastornos metabólicos conxénitos. Con el clausúrase o III Master da USC en Enfermidades Metabólicas Hereditarias e o primeiro curso de especialización no diagnóstico e terapéutica destas enfermidades que se desenvolveu durante o ano 2021 coa participación docente de profesores de 17 Universidades e centros hospitalarios e de investigación coa dirección dos profesores da USC Maria Luz Couce Pico e Jose Maria Fraga e a Catedra Institucional da USC de Enfermidades Metabólicas Hereditaria

En ambos os cursos participan 57 estudantes de oito países: Francia, Brasil, Marrocos, Arxentina, México, Colombia, Ecuador e España. De España asisten especialistas de 13 CC. AA.

O curso será impartido por docentes de recoñecido prestixio das Universidades e dos hospitais universitarios de Madrid (12 de Outubro), Sevilla ( H. Virgen del Rocío), Zaragoza ( H. Miguel Servet), Valencia (H. La Fe), Valladolid ( H. Rio Hortega), Vigo ( H. Álvaro Cunqueiro) e de Santiago (CHUS) por representantes das asociacións de doentes e de institutos de Investigación e Formación en Saúde ( IFSA Salud e Life Sciences & HealthCare Crowe).

Serán abordados temas de tanta transcendencia social e económica como son a humanización das enfermidades raras e a súa xestión. Expoñeranse os plans rexionais das CC. AA de Andalucía, que é o máis antigo de España, e o galego que é o máis novo. Este último será desenvolvido pola subdirectora xeral da Conselleria de Sanidade da Xunta de Galicia, Raquel Vázquez Mourelle.

Dadas as especiais circunstancias sanitarias o curso será impartido en parte presencial e en directo streaming. A conferencia de clausura será impartida polo especialista da Fundación para o Estudo das Enfermidades Neurometabólicas e do Laboratorio de Neuroquímica Dr. Chamoles de Buenos Aires, Dr. Juan Manuel Politei.

O mestrado será clausurado polo Decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía, Prof. Julián Álvarez en nome do reitor da USC, o doutor Salvador García, Director Médico de Sanofi Genzyme Iberia e a profesora  Maria Luz Couce Pico.
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.11.2021.