Pasar al contenido principal

Un estudo abordará as fusións municipais en Galicia

A Fundación Juana de Vega conta cun equipo especializado na caracterización socioeconómica e demográfica dos concellos de Galicia. FOTO: Xunta
A Fundación Juana de Vega conta cun equipo especializado na caracterización socioeconómica e demográfica dos concellos de Galicia. FOTO: Xunta
Os reitores das tres universidades galegas tomaron parte este mércores no acto de sinatura do convenio entre Xunta e Fundación Juana de Vega ao abeiro do cal se desenvolverá a análise
Santiago de Compostela

Os reitores da USC, UDC e UVigo, Antonio López, Julio Abalde e Manuel Reigosa, e o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, tomaron parte este mércores no acto de sinatura do convenio a través do cal a Fundación Juana de Vega desenvolverá un estudo no que se analicen as fusións municipais levadas a cabo en Galicia, ademais de impulsar novos procesos. O acordo materializouse no centro sociocultural de Cerdedo-Cotobade e na sesión tamén estivo presente a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o presidente da Fundación, Enrique Sáez.  

Galicia foi pioneira no impulso das fusións municipais ao entender que, coa dispersión da poboación, os concellos pequenos cada vez teñen máis dificultades para xestionar e financiar os servizos que a súa veciñanza precisa, de aí que a Administración autonómica premie nas súas convocatorias de axudas públicas aquelas que cheguen de mancomunidades ou entidades asociadas.

En Galicia fusionáronse nos últimos anos catro concellos: Oza e Cesuras no 2013 e Cerdedo e Cotobade no 2017. Pasados catro anos do proceso máis recente, pensouse na necesidade de analizar os resultados e as vantaxes para os cidadáns dos concellos fusionados. Neste senso, a Fundación Juana de Vega conta cun equipo especializado na caracterización socioeconómica e demográfica dos concellos de Galicia.  

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.11.2021.