30.11.2021 | 20.30h
Organizado pola Área de Cultura da USC

O Paraninfo da USC acollerá o vindeiro martes, 30 de novembro, ás 20.30 horas, o concerto 'Arte de Piano' que ofrecerá o alumnado da profesora Ilona Timchenko ao abeiro do ciclo Peregrinos Musicais.
A capacidade da sala é limitada, polo que cómpre cursar inscrición na ligazón baixo estas liñas até o día do concerto ás 12.00 horas.