Pasar al contenido principal

Concerto de Santa Lucía con Son de Corda e Díese Ensemble

13/12/2021 - 20.00 horas

Casa do Saber (Lugo)

A formación luguesa interpretará este luns, a partir das 20.00 horas, na Casa do Saber, un repertorio variado que inclúe composicións de Mozart, Brahms, Beethoven, Inzenga, Rameau, Schubert e Rosalía de Castro, ademais de pezas anónimas

Integrantes de Son de Corda
Integrantes de Son de Corda

A formación musical luguesa Son de Corda e Díese Ensemble ofrecerá este luns 13 de novembro, a partir das 20.00 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, o concerto de Santa Lucía, unha actuación incluída no ciclo Músicas a carón da Mosqueira, promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo.

Son de Corda e Díese Ensemble ofrecerán un concerto variado, cuxo repertorio permitirá ao público viaxar no tempo a través de obras de grandes compositores, tales como Mozart, Brahms, Beethoven, Inzenga, Rameau, Schubert, ás que se engaden outras pezas anónimas tamén moi coñecidas.

As persoas interesadas en asistir a este concerto de Santa Lucía poderán acceder á Casa do Saber de balde ata completar o aforo e respectando as limitacións derivadas da COVID-19.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.12.2021.