Pasar al contenido principal

Medicina celebrou o acto de graduación

Graduación do alumnado de Medicina no Palacio de Congresos. Foto: Santi Alvite
Graduación do alumnado de Medicina no Palacio de Congresos. Foto: Santi Alvite

Preto de 400 alumnos e alumnas de Medicina da USC asistiron este mércores ao seu acto académico de licenciatura e grao, que presidiu no Palacio de Congresos a vicerreitora de Investigación e Innovación, Isabel Rodríguez-Moldes, que estivo acompañada polo decano do centro, Julián Álvarez Escudero.

No acto interviñeron tamén o padriño da promoción, Álvaro Hermida, e a representante do alumnado Marina Da Silva Torres.

Asistiron ao concorrido acto, entre outros, os membros do equipo decanal; o presidente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, Jose Carro Otero; a decana de Farmacia, Isabel Sandez Macho; o presidente do Colexio Oficial de Médicos da Coruña, Luciano Vidán, e a xerente do CHUS, Eloína Núñez Masid.

O acto reuniu preto de 400 alumnos e alumnas. Foto: Santi Alvite Acto académico presidido pola vicerreitora de Investigación e Innovación, Isabel Rodríguez-Moldes, e o decano do centro, Julián Álvarez Escudero. Foto: Santi Alvite

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.04.2018.