Pasar al contenido principal

Acto institucional

Toma de posesión da decana de Psicoloxía

21.01.2022 | 13.00h

Salón de Actos
Santiago de Compostela

Acompañan a Mª José Sampedro no novo equipo de goberno as profesoras Dolores Ponte Fernández, Dolores Rodríguez Salgado e Olalla Cutrín Mosteiro

A nova decana foi elixida logo da votación celebrada na Xunta de Facultade en novembro de 2021. FOTO: Santi Alvite
A nova decana foi elixida logo da votación celebrada na Xunta de Facultade en novembro de 2021. FOTO: Santi Alvite

A profesora Mª José Sampedro Vizcaya tomará posesión do seu cargo como decana da Facultade de Psicoloxía da USC este venres 21 de xaneiro, nun acto que se desenvolverá a partir das 13.00 horas no Salón de Actos do centro e que estará presidido polo reitor Antonio López. A nova decana foi elixida logo da votación celebrada na Xunta de Facultade en novembro de 2021 e na que se rexistraron 42 votos a favor e catro en branco. Mª José Sampedro é profesora titular da Área de Psicoloxía Básica do Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía. As súas principais liñas de investigación son os procesos Psicolóxicos básicos e a Psicoloxía do xénero. O acto poderá seguirse en liña a través de Teams.

Entre as súas prioridades para os vindeiros anos, Mª José Sampedro proponse fomentar sinerxías “entre todas as persoas que conforman o centro co obxectivo de fortalecer os eixos que o definen: a procura da calidade docente, a asunción da necesidade de abrirse á contorna social,  o fomento da transparencia e a participación activa de todos/as na toma de decisións, e a promoción da cultura de igualdade en todos os ámbitos do seu funcionamento”, explicou. Acompañan a Mª José Sampedro no novo equipo de goberno as profesoras Dolores Ponte Fernández, Dolores Rodríguez Salgado e Olalla Cutrín Mosteiro.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.01.2022.