Co conxunto de saxofóns Meraki Quartet

O conxunto de saxofóns Meraki Quartet será o encargado de pechar o IV Ciclo Novos Talentos Musicais. Andrea González Pérez, Noelia Fraga Rivera, Alicia Caride Posada e Sergio Piñeiro Martínez interpretarán a Suite Holberg de Edward Grieg e o Cuarteto de corda Nº12 ‘Americano’ de Antonin Dvořák.
O concerto arrancará ás 20.30 horas no Paraninfo da Universidade e a entrada é balde previo rexistro na ligazón inferior. As persoas interesadas en asistir poderán reservar a súa praza dende unha semana antes do evento ata o propio día da súa celebración.
O IV Ciclo Novos Talentos Musicais é promovido pola Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Servizos da USC el colaboración coa Asociación Compostela Sound.